27 feb 2009

Xuvenil.2ª Autonómica.

Volveu o equipo xuvenil á reencontrarse coa victoria desta vez diante do Cordeiro.
Non foi moi boa a primeira metade na que, pese a todo, os nosos amosáronse mellores que os rivais pero só Martín tivo opción para adiantar o equipo. O Cordeiro, pola súa banda, apenas atacaba e así chegouse ó descanso co marcador inicial.

Pero na segunda metade os nosos foron a máis e por medio de Xoan, Sergi e Martín sentenciaron o partido. Lástima do empate diante do Ames...

Callobre c.f: Aaron, Chimpa, Kike, Jorge, Bibi, Esteban, Juan, Xoan, Portillo, Sergi e Martín.

Tamén xogaron: Fran, Yván, Miguel, Japirro e Adrián.