28 feb 2009

Xuvenil. 2ª Autonómica. // Infantil. 2ª Autonómica

Cinco victorias e un empate no que vai de segunda volta para o equipo xuvenil.
Hoxe tocáballe o turno ó San Mamede, ó que visitabamos pola mañán, e os nosos rapaces fixéronse cos puntos.
O partido comezou mal cun gol en contra ós 15 segundos...e co partido dominado polos locais durante os 25 primeiros minutos. Pero a partir de ahí ocasións clarísimas para os nosos con 3 un contra un de Sergi diante de Iago, porteiro do San Mamede e ex-xogador do Callobre, dos que só un acabou dentro.

Na segunda metade os opcións foron chegando pero Iago e o pao impedían poñernos en vantaxe. O San Mamed achégabase por medio de faltas, con 2 paos incluidos, e cando parecía que o empate sería o resultado final Plástico, tras un bo pase de Fran, poñía o definitivo 1-2.

Callobre c.f: Aaron, Chimpa, Kike, Jorge, Bibi; Rubén, Xoan, Esteban, Juan; Martín e Sergi.

Tamén xogaron: Tito, Porti, Fran, Miguel e Plástico.


Venceron tamén os infantiles no seu desprazamento ó campo do Dodro. Dous goles de Cristian fixeron bo o traballo dos rapaces de Dani que suman 3 novos puntos máis e siguen mirando cara arriba.