Caeu derrotado o equipo cadete diante do Compostela no campo de Marrozos.
Un gol no segundo minuto do desconto da primeira metade fixo inútil o esforzo dos nosos rapaces que viron como ademáis o árbitro deixaba de sinalar un claro penalti a Javi C. na segunda metade. Non gustou demasiado a arbitraxe entre os nosos...
Fita ou Jacobo puideron asina-lo empate pero de novo a falta de gol impediu acadar un resultado positivo.
Callobre c.f: Fabio, Manu, Pablo, Diego, Jacobo, David, Kike, Toño, Javi C., Javi T. e Fita.
Tamén xogaron: Adrián, Alex e Iago.