Parece que mellor nos irían as cousas na categoría cadete se o partido fose dunha soa parte.
Chegaba esta xornada a San Martiño o Nicrariense, un dos fortes do campeonato, que no seu primeiro córner anotaba o 0-1. Pero desta vez os nosos seguiron loitando e conseguiron empatar nunha boa xogada entre Javi T. e Fita. E así chegamos ó descanso.
Houbo opcións de poñerse por diante pero de novo a falta de gol condenou ós cadetes que viron como a falta de 10 minutos o equipo visitante aproveitaba un gran pase do seu xogador número 11, un zurdo con moita clase, para coller vantaxe de novo e acabar sentenciando tras, outra vez, unha internada do mesmo xogador.
Toca seguir sufrindo...
Callobre c.f.:Manu, Manu P., Adrián, Diego, Jacobo, David T., Kike, Toño, Cabalar, Javi T. e Fita.
Tamén xogaron: Alex e Iago.