Moito foi o sufrimento de tódolos nosos siareiros nos instantes finais do partido vendo que o equipo contrario atacaba e os nosos se defendían.
Chegamos a este extremo dende a tranquilidade que daba o 5 a 1 que reflexaba o marcador á finalización da primeira metade. Nesta soio esistiu un equipo no campo que foi o noso, quen sempre tivo á súa merced ó rival. Fruto de este dominio chegou un disparo de Rafa moi axustado ó poste que supoñía o primeiro gol. Posteriormente nun despiste chegou o empate en disparo por alto ante o que Iago nada puido facer. Esto animou ós nosos que con catro goles consecutivos de José puxeron o 5 a 1 antes dito.
A segunda metade o rival foise a polo partido e chegaron a poñerse 5 a 5 para despois voltar a empatar a 6, José desfixo a igualada co seu último gol da xornada. Destacar a todos en xeral pola solvencia con que sacaron o partido adiante nos últimos momentos. A ter en conta o traballo de Rafa, os 6 goles de José, e como non a boa actuación de Adrián que cunhas paradas de mérito salvou o empate ou incluso a derrota.
Agora a prepararse para o partido do fin de semana contra os nosos irmáns, partido que debe de servir para entrelazar xogadores, nais, pais, afición en xeral que de seguro que o que gana é o Callobre C.F.
ALINEACIÓN: ADRIAN, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE IAGO E MANU