15 feb 2009

Xuvenil. 2ª Autonómica

E cando menos se esperaba acabou a racha de victorias do equipo xuvenil que non foi quen de gañar no campo do Ames e diante dun rival con só 10 xogadores.

Unha primeira parte para olvidar na que apenas creamos perigo, tan só con tiros lonxanos que o porteiro non tivo problemas para atallar e unha segunda algo máis entonados nas que si houbo opcións claras pero que non fomos quen de finalizar.

Ó final empate sen goles e un pequeno toque de atención ós nosos que ben seguro son máis equipo que o rival de onte.

Callobre c.f.: Aaron, Jorge, Bibi, Tito, Suizo, Yván, Kike, Esteban, Fran, Martín e Sergi.

Tamén xogaron: MIguel, Rubén, Juan, Xoan e Chimpa.