Moi interesante este partido disputado na tarde do sábado entre dous equipos que malia o resultado definitivo están bastante parellos.
Empezaron os nosos dominando o partido dando este dominio o ansiado gol merced á garra de José. Empata o Silleda para ó momento Rafa mediante a execución de unha maxistral falta pola escuadra poñer ós nosos por diante no marcador 1 a 2.
A partir de ahí entramos en momentos de desconcerto, o que aproveita o rival, que gracias a dúas faltas ben lanzadas se poñían por diante no marcador para terminar a primeira metade perdendo inmerecidamente por 5 a 2.
A segunda metade foi de dominio alterno marcando 2 goles máis por cada equipo quedando o resultado no 7 a 4 definitivo. Volver a incidir en que os nosos probablemente pola garra que puxeron en xeral foran merecedores de algo máis, pero teremos que seguir remando todos xuntos en esta dirección que tomamos que os resultados están moi próximos a chegar.
ALINEACIÓN: ADRIAN, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE E IAGO