12 feb 2009

Cadetes. 1ª Autonómica

Nova derrota do equipo cadete nun raro partido o disputado no campo de Extramundi.
Unha primeira parte igualadísima, con ocasións para os 2 equipos aínda que quizáis con maior dominio por parte do Flavia. Un remate ó longueiro de Toño, un tiro de Javi T. ó que respondeu o porteiro cunha boa parada e un centro que se pasou pola liña de gol sen que ninguén puidera empuxa-lo balón dentro foron as ocasións máis claras para os nosos na primeira metade que rematou co marcador inicial.

Pero na segunda cambiaron as cousas e os nosos rapaces non seguiron co ritmo inicial polo que o Flavia aproveitou pa golear (5-0). Sen dúbida un partido moi raro...

Callobre c.f: Manu, Manu P., Diego, Jacobo, David, Kike, Toño, Cabalar, Brais, Fita e Javi T.

Tamén xogaron: Cris, Rubén, Alex e Pablo.