12 feb 2009

Xuvenil. 2ª Autonómica.

Tres de tres. Segue a racha do equipo xuvenil na segunda volta que desta vez dou boa conta do Esclavitude.

Foi o do sábado un partido moi igualado no que un gol de Martín a falta de 10 minutos para acabar o encontro dou a victoria ós nosos. Empezamos mandando no encontro con ocasións que non acababan dentro: Sergi, de remate coa esquerda, ou Martín, a porta vacía, non conseguían adiantar os nosos, mentras que os visitantes apenas se achegaban á nosa área.

Na segunda metade o Esclavitude saiu con máis gañas e durante 20 minutos controlou o partido pero sen conseguir batir a Aaron, que segue coa súa racha na portería.
Ó final o gol de Martín dános 3 puntos cos que mirar un pouco máis cara arriba.

Callobre c.f.: Aaron, Suizo, Jorge, Kike, Bibi, Yván, Esteban, Kike, Fran, Martín e Sergi.

Tamén xogaron: Tito, Xoan e Miguel.