21 ene 2009

Xuvenil. 2ª Autonómica.

Comeza a segunda volta na competición xuvenil e faino cunha gran victoria dos nosos rapaces diante do Bastavales por 1-3.
A pesar das numerosas baixas, o equipo xuvenil fixo un máis que aceptable encontro no que foi mellor que o seu rival como ben amosa o marcador. Sergi, despois dunha boa xogada do equipo, e Fran, de falta directa, poñían os nosos en vantaxe cun 0-2 co que se chegou ó descanso e, que de estar máis atinados, ben podería ser algún máis.
Na segunda metade saíron os locais con máis ímpetu pero de novo Sergi, en xogada persoal, poñía o terceiro e as cousas de novo no seu sitio.
Un gol de penaltie na última xogada do encontro permitiu os coruñeses face-lo tanto do honor.

Destacar a actuación de Aaron que, polas baixas de Marcos (que xogou de dianteiro) e Martín, tivo que ocupar de novo a portería.

Callobre c.f.: Aaron, Bibi, Kike, Tito, Suizo, Yván, Esteban, Juan, Fran, Martín e Sergi.

Tamén xogaron: Miguel, Mario, Japi e Marcos.