Moi mala xornada a vivida polo equipo cadete do Callobre.
Primeiro o madrugón, que fixo que os nosos rapaces tiveran que saír ás 8 da mañán do Concello para desplazarse ata Aguiño para xogar ás 10.30 horas, despois a derrota que complica cada vez máis a situación do equipo que terá o domingo unha última oportunidade coas baixas de Toño e de Xurxo, sen dúbida a peor nova do día, pois nada máis comezar o encontro sufría unha caída que lle provocou unha fractura de radio. Dende aquí desexarlle unha pronta recuperación e mandarlle unha forte aperta.
E no que se refire ó partido pouco que dicir, nin eles demostraron ser mellores nin nós nos parecimos ó equipo que se enfrontou ó líder a semana anterior. Un gol de saque de banda na primeira parte e outro de falta na segunda puxeron o partido costa arriba, máis se cabe coa expulsión de Toño por un árbitro moi caseiro que non soubo parar os malos xestos e patadas locais.
Kike puxo o 2-1 e a pesar do esforzo, co encontro a piques de rematar, o Aguiño facía o 3º.
Queremos agradecer o comportamento da encargada do campo de A Tasca ó mancarse Xurxo pero non así o dos rapaces do equipo local que durante e despois do partido tiveron unha actitude que pouco ou nada ten que ver co deporte en si.
Callobre c.f: Fabio, Adrián, Diego, Jacobo, Kike, Toño, Cabalar, Manu, Xurxo, Fita e Javi T.
Tamén xogaron: David, Pablo, Iago e Alex.