Un novo punto para o noso equipo infantil que este sábado empatou co equipo do Dubra no campo de San Martiño.
Foi un partido con 2 partes: a primeira foi do Callobre que se fixo dominador do encontro e conseguiu adiantarse por medio dun gol de Carlos, pero o baixón físico na segunda metade foi aproveitado polo Dubra para meterse no encontro. Un gol de falta directa do seu porteiro puxo o empate que ten que ser ben recibido polos nosos pois a piques estivo o equipo visitante de acabar remontando.
Ó final reparto de puntos e primeira volta finalizada.
Callobre c.f.: Fabio, Miguel, Cris, Diego, Eloy, Rubén, Miguel Otero, Brais, Cristian, Fon, Carlos.
Tamén xogaron: Jon, Jacobo, Jorge, Iván e Alex.