Quince primeiros minutos de fantasía por parte dos nosos rapaces fixo que se anotasen tres goles por medio de José, Dani e Xián o que poñía o partido moi en ventaxa para os nosos.
Nada máis cunha pequena alegría, xa que esta circunstancia fixo que os rapaces caeran en un xúbilo desmedido, o que fixo que baixaran totalmente a concentracion, o que aproveitou o Cruces (por certo un gran equipo) para poñerse por diante ó final da primeira metade con un tres a sete, goles nos que se anota un en propia porta ó que Adrián no puido facer nada e outros dous nos que o balón xa estaba fora do campo e que o árbitro non pitou a correspondente banda. Esta circunstancia non cambia o resultado… ou si, xa que o feito de estar por diante a pasar a perder de esta maneira, minou psicológicamente os nosos rapaces.
A segunda metade, pois xa sobrou. Foi un monólogo por parte do Cruces quen dominou ampliamente. Soio Rafa en unha internada estrelou o balón no longueiro.
Pois ben, borrón e conta nova e a pensar no próximo domingo que todos temos que loitar como sabemos para dar unha alegría ó noso gran Rafa nun día tan especial para él.
ALINEACIÓN: ADRIAN, MANU, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE E IAGO