Caeu derrotado o equipo xuvenil diante do líder que aproveitou a calidade dos seus homes de arriba para decidir o encontro.
Empezou o partido co dominio de balón dos nosos que se achegaban con perigo a área local pero as contras do Val do Ulla eran tamén perigosas. Sen embargo, un córner permitía ó equipo local adiantarse. Sergi ou Chimpa tiveron opcións de volver a poñer as taboas no marcador pero cunha gran xogada do dianteiro local nunha contra o Val do Ulla facía o segundo. O terceiro chegaba nun novo corner e o partido case sen darnos conta poñíase imposible.
Ó final 4-1 con gol de Xoan nunha segunda metade na que Aaron foi o encargado de defende-la nosa portería. Un resultado quizáis demasiado abultado pero a verdade é que a fama dos seus dianteiros estaba máis que xustificada.
Callobre c.f.: Marcos, Suizo, Kike, Bibi, Jorge, Portillo, Chimpa, Juan, Esteban, Martín e Sergi.
Tamén xogaron: Aaron, Fran, Japirro, Xoan e Tito.