11 ene 2009

Alevíns:Callobre "B" (2) - Cruces "B" (2)

Primeiro partido deste ano 2009,primeiro empate e primeiro partido da segunda volta.
Emocionante,interesante e moi disputado e igualado.
Aínda que brillaba o sol;mañán de xiada e fría que os xogadores pasaron por alto xa que fixeron un partido moi entretido e con aternancias no marcador.
Nada que ver co resultado da primeira volta que gañara o Callobre.Empezóu o Cruces adiantándose no marcador para case rematando a primeira parte Martín facer un gran,bonito gol de córner ensallado,esta vez co pé.
Na segunda parte atacaba o Callobre e atacaba o Cruces,parecía o Valencia-Vilarreal do sábado.Santi o gran Santi que está sempre ahí neste caso de delantero marca o 2-1 que case podía se definitivo,pero nun saque de esquina o Cruces marca o empate a 2-2 que podía evitar o noso porteiro se fose fino,como o porteiro das Cruces xa que lle deron na man ó rematar co pé e si fixera algo de espectáculo seguro que o árbitro o anularía por falta.
Pero faltaba aínda algo.Unha gran xogada de Santi e penalti no último minuto.Tirouno Pedro e gran parada do porteiro das Cruces chamado (Penela),que tamén volvéu a parar o segundo rechace por parte de Martín que non foi suave,senón todo o contrario.
Antes dixen que era fino(no bó sentido da palabra),pero gran porteiro como ten que ser.Seguro que vai chegar lexos.