13 ene 2009

Cadetes. 1ª Autonómica

A piques estivo o equipo cadete de da-la sorpresa diante do Calo, líder destacado da categoría.
Desta os rapaces, os únicos once dispoñibles, amosaron a súa mellor cara e puxeron en apuros o equipo coruñés que só foi que quen de adiantarse na segunda metade despois dunha boa xogada do seu dianteiro centro, sen dúbida, o seu mellor xogador.

Javi T.e Fita tiveron opcións bastantes claras para adiantar os nosos, pero esta vez a sorte foi esquiva e os 3 puntos marcharon de San Martiño.

Está complicada a situación do equipo cadete que ten agora 3 partidos que esperamos sirvan para endereita-lo rumbo.

Calllobre c.f : Manu, Manu P., Adrián, Jaco, Diego, David, Kike, Toño, Javi C., Fita e Javi T.