Partido moi entretenido o xogado no campo de Lalín con dous equipos bastante equiparados, malia o resultado final.
Empezou dominando o Lalín o partido e fruto de este dominio chegaron dous goles para eles, circunstancia que fixo que os nosos pasaran a partir de ahí a facer un xogo de combinación moi bonito fruto do cal chegaron varias ocasións que una vez por demérito dos nosos e outras veces pola gran actuación do seu porteiro non chegasen os ansiados goles.
A segunda metade o dominio foi superior por parte dos locais e fruto de ese dominio chegaron tres goles máis (un en propia porta) para sentenciar definitivamente o partido.
Probablemente os nosos pola súa entrega e por bos momentos de xogo se fixeran merecedores de algo máis, pero xa será en outros partidos. De todos modos, xa quedan moi lonxe aqueles 12 goles que nos endosaran na primeira volta, o que demostra que algo está cambiando en este equipo. Forza nenos, a seguir así
Callobre c.f.: ADRIAN, MANU, DAVID, DANI, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE e IAGO