24 nov 2008

Xuvenil. 2ª Autonómica.

Acababa o partido do pasado fin de semana e comentábase entre a xente que se desplazara ó encontro que mellor sería ter escollido o grupo de Santiago...e realmente cada vez queda máis claro que eso é o que deberíamos haber feito o día no que se decidiu a composición das distintas ligas.
Porque outra vez, e xa van varias, os rapaces de Neira e Pacheco sufriron unha penosa arbitraxe e as patadas, golpes e provocacións do equipo contrario, máis preocupado de "marcar" territorio que de xogar ó fútbol ou ,polo menos, intentalo.

Os nosos foron moi superiores ó equipo de Dodro durante os primeiros 60 minutos, sobre todo na primeira parte, na que Portillo,Martín, Japirro ou Yván tiveron ocasións de sobra para darnos máis vantaxe que o único gol de Yván.Ademáis co 0-0 o árbitro decidía sinalar córner nunha entrada do porteiro sobre Japi, que non só foi un penalti claro senón ademáis implicaba a expulsión do cancerbeiro coruñés.
Unha perdida de balón na defensa (e xa van varias veces que nos pasa) permitiulle empatar ó equipo local chegando ó descanso cos nosos moi enfadados non só polo resultado senón polo comportamento dos xogadores e público local.

Chimpa e Martín, de rechace, poñían o 1-3 e as cousas de novo no seu sitio, resultado que os nosos aguantaron, pese a expulsión de Chimpa, ata o minuto 90 no que o árbitro decidiu culminar o seu recital prolongando o encontro ata o empate. E poderia ser peor, se Marcos non para un penaltie que, aínda agora, ninguén (nin eles) sabe de onde saiu.

Penoso o arbitraxe, penoso o comportamento dos locais, xogadores e público, e penoso todo o ocurrido no partido do sábado. Aquí vénse a xogar ó futbol...ou, repito, a intentalo.

Por eso, aínda que a maior parte da culpa non foi nosa que cada un faga análise de conciencia e recapacite...que boa falta fai.

Callobre c.f.: Marcos, Miguel, Chimpa, Bibi, Kike, Esteban, Juan, Yván, Portillo, Japi e Martín.

Tamén xogaron: Aaron, Sergi, Fran, Pachu e Mario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario