24 nov 2008

Cadetes.1ª Autonómica.

O equipo cadete volveu atoparse este domingo coa victoria despois de moitas xornadas sen conseguilo pese a que as cousas non pintaban moi ben no descanso.
E é que os nosos, cunha costume mal adquirida, volveron saír ó campo durmidos, esperando acontecementos polo que o Cordeiro non perdeu a ocasión e poñíase por diante despois dunha saque de porta....do Callobre.
Sen embargo, a partir do minuto 25 as cousas cambiaron e o equipo cadete fíxose co partido por completo. Toño e Javi T., ambos por partida dobre, tiveron opcións máis que claras para sentenciar o partido na primeira metade. Pero non foi así e no descanso 0-1 para o equipo vistante.

Co ánimo renovado e cunhas gañas que facía tempo que non amosaban os nosos déronlle a volta deixando un 3-1 (Fita, Toño e Adrián) como resultado final que se nos antoxa un pouco curto.

Esperemos que sirva de bálsamo e os nosos volvan a coller confianza.

Callobre c.f.: Fabio, Manu, Adrián, Jaco, Pablo, Fita, Kike, Toño, Xurxo, David e Javi T.

Tamén xogaron: Iago, Javi C., Alex e Ricoy.

No hay comentarios:

Publicar un comentario