24 nov 2008

Infantil. 2ª Autonómica.

Derrota do equipo infantil diante do agora líder Cacheiras.
Non foi un día moi inspirado o que tiveron os nosos en terras coruñesas e non fomos quen de facer moito perigo na área rival. Unicamente un tiro de falta de Brais ó pouco de comezar o encontro e algún que outro balonazo buscando a Christian puxeron en perigo o porteiro do Cacheiras.
Sen embargo, eles non foron tan permisivos e mediada a primeira parte adiantáronse no marcador chegando ó descanso con ese gol de vantaxe. Pero o verdadeiro protagonista desta parte foi Fabio quen no minuto quince detía un penaltie.

Na segunda metade non cambiaron moito as cousas, e pese a loita dos nosos, foi o Cacheiras quen fixo o segundo sentenciando o partido.

Agora unha xornada de descanso que seguro que fará que os nosos recuperen a moral.

Callobre c.f.: Fabio, Miguel Otero, Diego, Miguel, Brais, Jacobo, Fon, Eloy, Christian e Iván Barreiro.

Tamén xogaron: Jorge, Christopher, Alex, Jon, Carlos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario