Volveu o equipo infantil a reencontrase coa victoria.
A víctima foi desta vez o equipo do Dodro ó cal fomos moi superiores durante todo o encontro e só a calidade do seu porteiro impediu unha victoria máis amplia dos rapaces de Dani.
Fon en 2 ocasións e Brais foron os goleadores do partido que no descanso acababa con gol de vantaxe para os nosos.Un penalti, moi riguroso, perimitía o equipo visitante anotar o gol da honra cando xa o partido remataba.
Agora a entrenar duro que o próximo sábado xogamos cun dos equipos fortes do grupo: o Cacheiras.
Callobre c.f.: Fabio, Miguel, Rubén, Cristopher, Diego, Aitor, Brais, Jorge, Jacobo, Fon e Cristian.
Tamén xogaron: Barreiro, Eloy, Pampín e Jonathan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario