Derrota do equipo xuvenil no seu encontro do sábado diante do San Mamede nun encontro moi igualado e disputado.
Adiantouse o equipo vistante na primeira parte despois dunha contra moi ben levada pero que ven precedida dunha clara man que o árbitro non pitou. Moito contacto e pouco fútbol durante o primeiro periodo onde só se creaba perigo a balón parado e con algún tiro lonxano polos 2 equipos.
Na segunda metade as cousas parecía que tiñan mellor pinta pois non era quen de saír do seu campo o San Mamede que, sen embargo, por medio dun par de faltas directas puido meter o segundo ata que un erro da nosa defensa dáballe o tanto en bandexa.
Bibi de cabeza recortaba distancias para levar a emoción os últimos minutos nos que os nosos reclamaron un par de penalties, que só serviron para que Jorge rematara expulsado.
Rara arbitraxe a que sufrimos o sábado.
Callobre c.f: Marcos, Bibi, Jorge, Kike, Tito, Rubén, Esteban, Juan, Portillo, Yván e Martín.
Tamén xogaron: Xoan, Miguel, Plástico, Adrián e Japirro
No hay comentarios:
Publicar un comentario