Outra nova goleada a que encaxou o equipo cadete na súa visita o campo anexo de Vista Alegre.
Mal empezaron as cousas cando xa no primeiro minuto o Ordes conseguía de falta directa o primeiro da mañán. Pero os nosos nos se viñeron abaixo e durante 20 minutos fixéronse donos do balón con oportunidade de acada-lo empate en varias ocasións coma un man a man de Kike que o porteiro mandou a corner.
Sen embargo, un gol dende case o medio do campo no minuto 25 poñía o partido moi complicado que pasou a imposible cando o árbitro sinalaba 2 minutos máis tarde un penalti a favor dos coruñeses coa expulsión, por dobre cartón, de Diego.
Na segunda parte mentras aguantaron as forzas puxemos en apuros o rival firmando Javi T o gol da honra co que poñía o 3-1 no marcador. Pero a partir de ahí os nosos quedaron desfondados e o Ordes aproveitouno para golear.
Callobre c.f.: Manu, Pablo, Adrián, Diego, Jacobo, Kike, Toño, Manu, Fita, David e Javi T.
Tamén xogaron: Javi C., Ricoy, Alex e Iago.
No hay comentarios:
Publicar un comentario