Derrota demasiado abultada para o que se veu no campo.Na primeira parte un fallo de Sergio ó que se lle escapou o balón,fixo baixar os ánimos do equipo que loitou contra o corpo e a boa colocación do equipo rival.Empezóu a segunda parte con outros aires o Callobre, pero hoxe non houbo sorte para que o balón entrase na portería.Dous golazos maxistrais pola escuadra do Lalín acabaron con tódalas posibilidades de remontada do equipo local.Outro día haberá máis sorte.
Destacar que xa facía tempo que non había dous partidos á mesma vez en Callobre; o Callobre "A" e o Lalín "A" tamén xogaron de par,con mal resultado para os de San Martiño que perderon 1-10.
Po fin de semana o Callobre "B" ten unha saída moi complicada as Cruces,pero todo é posible;e o Callobre "A" tócalle otra vez co Lalín pero neste caso o "C" pode ser o momento de ir sumando victorias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario