Increíble o acontecido no campo de Agolada o pasado sábado e que rematou con empate a un tanto.
O reducido do campo (un dos peores da categoría) e pouco fútbol por ámbalas duas partes presaxiaban un encontro aburrido. Sen embargo, e pese a non facer un bo xogo, os nosos fixéronse co partido e comezaron a ter ocasións que non conseguían materializar. Jorge, cun balón ó pao, Esteban e Juan (entre outros...) tiveron opcións de acadar o primeiro tanto pero o balón non entraba e así se chegou o descanso.
Foi Sergi, tras un gran pase de Fran, o que firmaba o primeiro tanto que podía dar tranquilidade o noso equipo. Pero unha falta ó borde da área (o que era e foi o único tiro a portería do equipo local) supuxo de novo o empate.
Seguiron os nosos insistindo pero non puido ser: de novo Jorge, Martín, Yván ou Fran puideron desnivela-lo encontro pero este remataba e non había maneira de adiantarse.
Finalmente unha entrada sobre Yván que caía na área daba a posibilidade de "matar" o encontro dende o punto de penalti. Pero non era o día... o tiro de Fran topaba co poste e ahí acababaron as nosas posibilidades.
Callobre c.f.: Martín, Suizo, Jorge, Esteban, Miguel; Martín, Kike, Juan, Portillo, Fran; Sergi.
Tamén xogaron: Yván, Xoan, Pachuli, Aaron e Mario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario