Nova derrota do equipo cadete, esta vez diante do agora lider Flavia.
Non saíron os nosos moi despertos no partido do Domingo diante dun bo rival que soubo aproveitar os despistes dos cadetes para no minuto 15 poñerse cun 0-2 (ámbolos dous marcados polo número 10 dos de Padrón, sen dúbida, un dos mellores xogadores que virán a Callobre nesta liga de 1ª autonómica).
Unha xogada desgraciada de Manu o que se lle escapou o balón cando xa pensaba que o tiña agarrado, puxo o 0-3 e as cousas prácticamente imposibles.
Os nosos melloraron na segunda metade onde houbo ocasións para acadar polo menos o gol da honra ( David, Xurxo, Manu...) pero non puido ser e nunha contra, cunha gran vaselina, o Flavia acadaba o seu último gol.
Toca non desanimarse e pensar que os rivais da "nosa liga" están por chegar.
Callobre c.f: Manu, Manu Pérez, Adrián, Diego, Pablo, Fita, Toño, Kike, Jaco, Xurxo, David.
Tamén xogaron: Iago, Javi C. e Alex Gómez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario