Non puideron os rapaces do equipo alevín "A" sorprender o Sporting no partido disputado en San Martiño e seguen sen poder puntuar despois dun duro arranque de competición fronte o Cruces, EF Lalín e Sporting.
Moitos dos nosos son rapaces que xogan por primeira vez e iso nótase e moito diante dun rival coma o Sporting chamado a loitar polo título. Ademáis a baixa de Rafa, moi importante no noso mediocampo, non facía máis que poñer as cousas máis complicadas todavía, chegando ó descanso con 3 goles de desvantaxe.
Agora a descansar ata o próximo entreno e a seguir aprendendo que os resultados xa chegarán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario