Bo comezo dos rapaces de Dani nesta campaña.
Nada máis e nada menos que cun derbi arrancaba a competición no campo de Figueroa para acabar vencendo por 1-2.
Empezou forte o equipo infantil e tras unha boa primeira parte conseguí chegar ó descanso cun gol de vantaxe que podería ser algún máis de estar algo máis atinados diante do porteiro contrario. Fon, Jacobo ou Brais tiveron opcións de poñer unha maior distancia no marcador.
Na 2ª metade as cousas comezaron igual, cos nosos intentando sentenciar e o Sporting despertando pouco a pouco. Brais e Fon non conseguiron materializa-las ocasións e o equipo acabou sufrindo nos últimos 15 minutos pese aos goles de Cristian e Carlos.
Callobre c.f.: Fabio, Miguel, Diego, Rubén, Baliño, Iván, Eloy, Brais, Cristian, Fon e Jacobo.
Tamén xogaron: Carlos, Jon, Jorge, Cristopher, Iván II, Jonathan, Pampín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario