20 oct 2008

Alevín. Callobre "A".

Chegou a victoria para o equipo alevín "A". O pasado domingo conseguiamos os primeiros 3 puntos diante do Bandeira nun partido de claro dominio pola nosa parte e no que os rapaces de Víctor demostraron que, pouco a pouco, nótanse os avances.

Os nosos non deron opción ó equipo local e puxeron o partido de cara rapidamente, aínda así foron múltiples as ocasións marradas que poderían dar un resultado moito máis amplio cun pao incluído na segunda metade.

Destacada actuación dos rapaces benxamíns que hoxe acompañaron ós nosos, Christian e Manu, que deron toda unha lección ante rapaces maiores que eles, con "hattrick" incluido do primeiro.
Ó final 1-5 (Christian 3, Rafa e Dani) e alegría desbordada na volta a casa.

Callobre c.f.: Adrián, Iago, Rafa, Christian, Dani, David, Manu, Álvaro e Xian.

3 comentarios:

  1. Xa non chove como chovía,Adelante

    ResponderEliminar
  2. donde se pode mirar os resultados e clasificaciós de prebenxamins de callobre a e b gracias

    ResponderEliminar