Derrota do equipo cadete na súa visita a Negreira de onde non puido traer algo positivo.
Recuperaron os nosos a seriedade en defensa e puxeronlle as cousas complicadas ó equipo do Nicrariense.
Así apenas houbo ocasións ó longo do encontro, só un rechace ó borde da área á media hora de partido permitía adiantarse ó conxunto coruñés no que sería o definitivo 1-0.
Un cabezazo de David que se foi por riba do longueiro e unha falta botada por Toño foron as opcións máis claras dos nosos que pese a derrota demostraron que sendo o equipo serio que acostuma a ser, pódese perder pero cunha imaxe diferente.
Salienta- la volta de Javi Tosar despois de 3 semanas de baixa polo corte no seu xeonxo esquerdo.
Callobre c.f.: Manu Carbón; Manu, Diego, Adrián, Pablo; Fita, Kike, Toño, Xurxo; David e Javi T.
Tamén xogaron: Jaco, Javi C., Alex G., Iago e Ricoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario