O equipo xuvenil non consigue enderezar o seu rumbo e caeu derrotado este sábado en San Martiño diante do Milladoiro por 0-4.
Empezou o partido bastante igualado, co Milladoiro dominando pero sen apenas achegarse á portería de Marcos. Sen embargo unha pérdida de balón no medio campo propiciou unha contra ben levada polo equipo visitante que acabou no primeiro da tarde.
A partir de ahí os erros encadeados dos nosos facilitaron moito as cousas ó Milladoiro, que pese a contar con 4 o 5 bos xogadores, non é tan superior o noso equipo como o resultado ven a indicar.
Continúa ademáis a xeira de lesións e baixas: Yván, Kike e Marcos (polo que foi Aaron quen acabou na portería) remataron o partido mancados.
Callobre c.f: Marcos, Suizo, Jorge, Esteban, Bibi; Yván, Juan, Kike, Portillo: Fran e Martín.
Tamén xogaron: Xoan, Plástico, Aaron, Japirro e Pachuli.
No hay comentarios:
Publicar un comentario