Inmerecida derrota dos rapaces de Pacheco diante do Compostela(0-1).
Seguen os cadetes facendo moito máis méritos dos que os resultados amosan pero parece que o balón non quere entrar. Outra vez moi serios en defensa, moi ben colocados e aproveitando para saír rápido á contra dispuxemos de claras ocasións sobre todo na primeira parte na que o pao en 2 ocasións e o porteiro visitante, que salvou un man a man con Manu, impediron marcharnos ó descanso con vantaxe.
Parecida foi a 2ª metade con maior dominio polo nosa parte pero que non culminabamos, algo que si fixo o Compos que na súa única ocasión durante o que ía de partido batía a Manu C.
Os últimos 10 minutos foron un querer e non poder polos nosos que terán este fin de semana unha boa oportunidade para demostrar que si podemos.
Callobre c.f: Manu C., Pablo, Diego, Adrián, Xurxo, Manu, Toño, Kike, David, Javi C. e Javi T.
Tamén xogaron: Fita, Jacobo, Alex, Iago e Ricoy.
No hay comentarios:
Publicar un comentario