27 oct 2008

Alevín. Callobre "A".

Continúa a clara melloría do equipo "A" alevín que este domingo caía derrotado por 3-6 diante doutro dos gallitos do grupo, o Silleda.

Durante todo o partido os rapaces de Víctor demostraron que pouco a pouco van collendo o ritmo de partidos e deixando ás claras que o mellor está por chegar, facendo unha máis que notable primeira parte e que conseguían rematar cun tanto de vantaxe, obra de Rafa.

Pero o esforzo pasou factura na segunda metade e isto aproveitouno o Silleda que acabou levando os 3 puntos pero cun resultado moito máis amplio do que debería haber sido e coa desgracia de que 2 dos seus goles foron en propia meta.
Rafa foi o autor dos 3 goles, un deles de penalti.
A destacar o partido de David, inconmensurable na defensa.

Callobre c.f: Iago, David, Rafa, Adrián, Alvaro, Xian, Estela, Manu e Dani.

No hay comentarios:

Publicar un comentario