De novo a sorte foi esquiva co equipo xuvenil que o sábado sacaba un punto da súa visita ó campo do Esclavitude, pero que, co visto no terreo de xogo, se nos antoxa pouco premio: 4 balóns ó longueiro, outro ó pao e o equipo contrario metido na súa área durante case toda a segunda metade dan boa fe de que os nosos mereceron un resultado mellor.
Sen embargo, os nosos erros tamén axudan ós rivais e nun novo despite xeral o equipo de Padrón púxose por diante complicándonos aínda máis as cousas.
Foi Bibi quen dende fóra da área conseguía o máis que merecido empate fronte a un equipo que acabou con 9 polas continuas patadas que propinaron ós nosos.
Ó final empate a un tanto, e Martín e Rubén lesionados.
A ver se de unha vez por todas acaba a mala racha.
Callobre c.f: Marcos, Miguel, Jorge, Bibi, Tito, Kike, Martín, Rubén, Fran, Esteban e Portillo.
Tamén xogaron: Plástico, Yván e Mario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario