25 sept 2008

Comezo da competición

Por fin, despois de un mes no caso dos alevíns e algo máis no dos cadetes, comeza a tempada para algunha das categorías do noso clube.

Os primeiros en arrancar serán os cadetes que disputan o vindeiro Sábado no campo de San Martiño o seu primeiro partido diante do At. Melide. Despois de todo o acontecido o ano pasado no final de liga, o equipo adestrado por Pacheco (este ano con Neira formando "tándem")conseguiu o ascenso de categoría, ascenso que xa merecía de por si de non ser por esas cousas raras que ás veces pasan no fútbol modesto...
Despois da abultada derrota en Silleda, o equipo cadete enfrentouse o pasado xoves contra un dos clube da súa liga, o Compostela, que viña como campeón do grupo de 2ª Autonómica na que tamén competimos o ano pasado. Tras comezar gañando por 2-0 os nosos acabaron cedendo un empate na última xogada do encontro.
A pesar das baixas e do reducido número de xogadores co que contamos, o encontro fai albergar esperanzas de que os nosos recuperen o xogo de hai 2 anos. Destacar a labor de Brais (xogador infantil) que dou todo un recital de bo xogo e entrega.

o Domingo será o turno dos equipos alevíns.
O equipo A, dirixido por unha das novas incorporacións: Víctor Porto, Recibe o Lalín "B". Con varios rapaces de primeiro ano será esta unha boa oportunidade para desmostrar que están dispostos a seguir dando guerra por tódolos campos.
O equipo B, comandado por Pachi, desplázase as Cruces para xogar co equipo "B" ;incorporación de última hora o igual que o Silleda "B" en ausencia do Lamela e Touro,para emprender unha nova aventura tanto para o míster como para os rapaces que chegan do equipo benxamín. Como sempre pasa nestes casos nos que a idade decide, e moito, unhas veces tocará sufrir e outras disfrutar. Así que xa sabedes a competir,e se se pode, a gañar.

1 comentario:

  1. Existe dende hai tempo a posbilidade de que sexades vos os que comentades todo aquelo que se vos vai ocurrindo, por eso queremos animarvos a todos a deixar o voso comentario xa sexa de ánimo ou de crítica na nosa páxina.
    Gracias

    ResponderEliminar