25 sept 2008

Merecido homenaxe a Lino Rivadulla.


O pasado domingo tivo lugar en San Martiño un merecido homenaxe a Lino Rivadulla primeiro adestrador do noso clube como equipo federado. Moitas son as tardes(e mañáns) que Lino ten pasado en Callobre (pero tamén en Moreira ou Rubín) dando consellos a tódolos nosos futbolistas, consellos que perduran e que agora dirixe a algúns dos netos que xa ten xogando no clube.

Foron precisamente 2 dos seus netos, Pedro e Alex, os que protagonizaron un dos momentos máis emotivos ó entregarlle unha camiseta do clube que esperemos garde con bo recordo.

Sen dúbida, un dos grandes artífices de que o Callobre C.F funcione como tal e ó que sempre haberá que estarlle agradecido.

Pero as emocións non acabaron ahí para Lino, pois a continuación desenrolouse un partido entre as "vellas" glorias do fútbol estradense: Callobre C.F- Pájaro Azul (antecesor do Sporting). Case (o sen case) 30 anos despois encontrábanse as caras nun partido que serviu para comprobar que se pode perder a forma física pero que a clase se mantén.


Queremos agradecer dende aquí colaboración de tódolos participantes e que o ano que ven resulte tan existoso como este.

O acto serviu tamén para presentar a tódolos equipos do clube que están a piques de comeza-la tempada.

1 comentario:

  1. parece que este Callobre é máis que un club,enhoraboa a toda a directiva que está a poñer a este club donde se merece.

    ResponderEliminar