O pasado domingo tivo lugar en San Martiño un merecido homenaxe a Lino Rivadulla primeiro adestrador do noso clube como equipo federado. Moitas son as tardes(e mañáns) que Lino ten pasado en Callobre (pero tamén en Moreira ou Rubín) dando consellos a tódolos nosos futbolistas, consellos que perduran e que agora dirixe a algúns dos netos que xa ten xogando no clube.
Foron precisamente 2 dos seus netos, Pedro e Alex, os que protagonizaron un dos momentos máis emotivos ó entregarlle unha camiseta do clube que esperemos garde con bo recordo.
Sen dúbida, un dos grandes artífices de que o Callobre C.F funcione como tal e ó que sempre haberá que estarlle agradecido.
Queremos agradecer dende aquí colaboración de tódolos participantes e que o ano que ven resulte tan existoso como este.
O acto serviu tamén para presentar a tódolos equipos do clube que están a piques de comeza-la tempada.
parece que este Callobre é máis que un club,enhoraboa a toda a directiva que está a poñer a este club donde se merece.
ResponderEliminar