24 ago 2008

Moitas novedades no equipo xuvenil...


Novo corpo técnico... Manuel Neira vai a ser o adestrador para esta campaña, en colaboración con Pacheco.
Baixas... Ademáis dos xogadores que abandonan a categoria por motivos de idade, outros deixan o fútbol por motivos academicos ou persoais, e outros fichan por outros Clubes. Este é o caso de Víctor, Chispa e Gabriel que se enrolaron nas filas do Compostela que milita en Liga Galega. Desde aquí queremos desexarlles sorte e moitos éxitos no seu novo equipo.
Altas... Moitas caras novas neste equipo. Ademáis dos cadetes que pasan a xuvenís, outros volven logo de un paréntesis e outros veñen de outros Clubes.
O xoves 14 comenzaron os adestramentos, e para ir "quentando motores" e "axustando a máquina"... o corpo técnico está elaborando un calendario de encontros de pretempada para preparar a competición ligueira que comenza o 4 de outubro.
O sábado 23 foi a presentación oficial do equipo no campo de San Martiño en Callobre, tendo como rival ó Compostela. O resultado final foi de 0 - 1.
O domingo 24 participou no campo da Xunqueira, en Pontevedra nun torneo organizado polo Eiriña, acadando o subcampeonato.
Pronto seguiremos informando de máis novas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario