Fin de semana cargado de partidos no que ós nosos se refire.
Empezará a categoría infantil o sábado pola mañá desprazándose ó campo do Val do Ulla a disputar o seu primeiro partido amistoso. Sen dúbida un duro rival que ven de completar unha gran tempada tanto en categoría alevín como infantil.
Pola tarde ración dobre de fútbol no campo de San Martiño:
En primeiro lugar serán os cadetes os que xoguen tamén co Val do Ulla coa vista posta no proximo inicio ligueiro na primeira Autonómica. Unha nova competición moito máis dura que seguro non se lles atranganta ós rapaces.
E despois dos cadetes, turno para o equipo xuvenil que recibe ó Moraña no que supón o 3º partido da pretemporada. É o momento de que moitos dos rapaces empecen a demostrar a súa valía... pois hai moito donde escoller e a competencia sana din que é boa..
No hay comentarios:
Publicar un comentario