23 ago 2008

Benxamíns e Alevíns con forza

Hoxe 23 de Agosto no campo de Rivadulla os Benxamíns do Callobre e Alevíns (A) e (B) deron arranque a esta nova tempada con una par de partidos de pre-temporada.
Para non ter entrenado nada e ter novos compañeiros de categoría,os Benxamíns e os Alevíns deron moi boas vibracións.Os equipos contrarios estaban formados por rapaces da zona de Orazo,Loimil,Oca,e alrededores;que baixo as órdes de Luís Rendo fixeron un bo papel.Xa durante toda a semana no campo dos Casares(Loimil)tiveron polas tardes uns entrenamentos ;que como dixo Luís "aique sacalos da televisión e demáis xogos";para preparar estos partidos.
Nese campus;organizado pola Asociación Coto Manguelo;podían acudir calquera rapaz menor de 13 anos.Alí estaban presentes polo menos catro rapaces do Callobre C.F. que nos partidos de hoxe pola tarde xogaron contra o seu equipo,pero eso e o de menos o igual que os resultados a favor do Callobre nos dous partidos.
O mellor foi ver a uns rapaces facer deporte,a un Callobre con bo toque de balón e o final unha gran merenda a carón do río Ulla para xogadores e acompañantes con regalos para os xogadores.
Enhoraboa o Coto Manguelo que está en todas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario