14 jun 2008

FESTA FIN DE TEMPADA

Celebrouse o pasado fin de semana a comida de fin de tempada do Callobre C.F. Foi un domingo cheo de actividades, diversión e festa que era o que se buscaba.
Dende primeira hora do día achegáronse a San Martiño xogadores, pais, afecionados e directivos que deron bo uso ó noso campo.

Pachangas entre os rapaces, entre os directivos ou entre uns e outros abriron a celebración que deu paso á comida a carón do campo.



Foi, sen dúbida, un domingo de fútbol no que, a ben seguro, algún pasaría un par de días con aguxetas..e no que moitos dos nosos rapaces comezaron a comprobar que no fútbol dos "maiores" non vale só con darlle ben ó balón...Sen dúbida, un día completo..




Esperamos que a festa fose do agrado de todos e que as que veñan sexan como mínimo iguais a ésta.

Aproveitando a xuntanza dos rapaces, procedeuse a entrega dun recordo a cada un así como dos trofeos os máis regulares de cada un dos planteis. Mereceríano todos pero...a cousa quedou así:
Prebenxamín: Manu
Benxamín: Martín
Alevín: Christian
Infantil: Xurxo
Cadete: Chispa.
Xuvenil: Esteban


Pichichi do Clube: Alex Rivadulla (38 goles; a falta de 3 xornadas)
Agasallos Especiais: Sergio (porteiro Benxamín) e SUPERNOGUI...




Por último dicir tamén que fíxose entrega do trofeo de campión de liga o equipo infantil que na tempada anterior conseguía o campeonato.



O próximo ano máis...

1 comentario:

  1. sin duda o de xogador regular mereciao o chabalin ese de marron de nombre toño creo...

    ResponderEliminar