7 jun 2008

TEMPADA 2008-2009

Tivo lugar onte nas dependencias da Delegación de Santiago unha reunión para configurar os grupos de categoría xuvenil, cadete e infantil da tempada próxima.
A escasez de equipos tanto no grupo xuvenil (que pasaría a contar con 6 equipos tan só) coma no infantil (neste caso serían 8) levaron a unha máis que necesaria reestructuración.
Así, a falta de que se aprobe o acordado, os nosos equipos xuvenil e infantil pasarán a competir nunha nova zona, con novos desplazamentos, nunhas ligas competitivas na que, en todo caso, o número mínimo de equipos será 14, para os máis maiores, e 13 para a categoría infantil.

Calo, Bertamiráns, Dodro, Flavia, Ortoño, Val do Ulla, San Mamede e o coñecido Milladoiro serán algúns dos rivais dos nosos.

Polo que respecta ó equipo cadete ningunha novidade, só esperar ós ascensos á Liga Galega para ver se os nosos poden competir en 1ª o ano que vén. Se finalmente non puidese ser, o grupo sería o mesmo que ata agora.

XUVENIL: 2ª AUTONÓMICA GRUPO 7
CADETE: 1ª AUTONÓMICA OU 2ª AUTONÓMICA GRUPO 6
INFANTIL: 2ª AUTONÓMICA GRUPO 8.

No hay comentarios:

Publicar un comentario