Non foi este un bo fin de semana no que a resultados se refire para os nosos equipos.
O equipo cadete perdía na casa (1-3) diante do Lesende, sen dúbida un dos mellores conxuntos que pasou por Callobre en moito tempo. Corpo, forza e algúns rapaces con moita calidade fan do Lesende un moi bo equipo que foi quen de remontar o noso gol nos primeiros minutos. Un gol de falta directa e unha contra do equipo visitante poñen as cousas moi difíciles para os nosos que terán que, no próximo fin de semana, afrontar 2 complicados encontros: a volta da Copa e o primeiro partido da fase de ascenso.
Tamén caía o equipo alevín no Torneo do Concello de Touro. Tras superar a primeira fase do torneo nunha meritoria segunda plaza, o sábado era o Conxo o rival na loito por un posto polas semifinales. Sen embargo, o gol de Christian non foi suficiente e os nosos quedaban fora diante dun bo rival (4-1).
O equipo benxamín, pola súa parte, descansaba esta xornada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario