9 may 2008

Copa do Sar

Sufrida clasificación a conseguida polo equipo cadete no seu partido de onte diante do Xuventude Oroso. Parecía encarrilada a eliminatoria co 1-2 da ida pero o certo é que o equipo coruñés puxo en moitos apuros ós nosos.

A gran presión do Xuv. Oroso e un penalti errado nos primeiros minutos que podería ter resolto a eliminatoria, pasaron factura ós cadetes que remataron a primeira metade co marcador en contra e sufrindo bastante.

Sen embargo, a cousa cambiou na segunda parte e co equipo mellor plantado e moito máis tranquilo o equipo visitante non dispuxo de ocasións que puxeran en perigo a eliminatoria sendo o Callobre o que marraba as súas chegadas a area.

Restultado final: Callobre 0- Xuv. Oroso 1.

Este Domingo novo partido, agora de oitavos de final, contra o Lesende, recén ascendido a 1ª e campión do seu grupo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario