21 may 2008

O Callobre C.F. en Riazor

O pasado fin de semana os equipos infantil, cadete e xuvenil do noso clube desplazáronse ata A Coruña para ver os partidos do Fabril e do Depor- Vilareal.
Sen dúbida, unha tarde moi divertida a vivida no campo do Riazor con visita guiada polas instalacións, acceso ó pe do campo, despois a ver os partidos e ó final invasión de campo...


Sabemos que no noso clube hai moito seguidor celeste...pero a experiencia foi das boas e ben seguro que máis de un querería repetir.
A salientar, sen dúbida, a forma en que o viviu o noso dianteiro cadete Javi T., deportivista ata a médula. Todo un crack, dentro e fora do campo...

Pouco a pouco iremos poñendo máis fotos da viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario