Mostrando entradas con la etiqueta Callobre Alevin. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Callobre Alevin. Mostrar todas las entradas

5 may 2008

Callobre Alevín

Os alevíns continúan coa súa mellora e conseguiron o pasado xoves a clasificación para a segunda fase do torneo alevín que se celebra en Touro.

Comenzaron os nosos cunha victoria diante do Silleda por 2-1. No segundo encontro goleaban o San Marcos por 4-1 e coa clasificación xa no peto perdiamos nun disputado encontro con equipo local do Touro(3-2).

Agora toca un duro rival o próximo día 10 ás 4 da tarde: o Conxo que quedou líder do seu grupo.

28 abr 2008

Torneo Alevín Concello de Touro

Dispútase este xoves, a segunda edición do torneo de fútbol- 7 do Concello de Touro a onde acudirán os nosos para tentar facer un bo papel.


16 equipos dividos en 4 grupos co Lalín e Conxo como grandes favoritos.

Grupo 1: Touro, Silleda, Callobre e San Marcos.
Grupo 2: Conxo, At. Melide, EDA Arzúa e San Mamede.
Grupo 3: Lalín, Sp. Estrada, Xuv. Oroso "B" e Bodegón Arzúa.
Grupo 4: Cruces, Tordoia, Xuv. Oroso e Bandeira.

18 abr 2008

Callobre Alevín

Finalizou este fin de semana a competición ligueira para os alevíns cunha victoria contundente diante do Silleda (7-1). Os rapaces adestrados por Salgado acabaron a liga no 8º posto nunha dura competición que a E.F.Lalín conquistou de novo e que agora o leva disputar o campeonato galego.

Nestas idades na que o corpo importa máis do que debería, os nosos pasoulle factura o feito de ser moitos de eles de primeiro ano e ter que completar convocatorio con algúns dos Benxamíns, aínda así sempre hai tempo para o "jogo bonito"...rapaces como Rafa, o noso capi, dan boa fe de isto.

¡A seguir mellorando!