Se nos guiamos polo resultado final acadado polos nosos infantiles vemos que foi un partido con pouca historia o disputado este sábado en Cacheiras ante o equipo local.
Dende os primeiros compases veuse plasmado no xogo a diferencia existente na clasificación entre os dous equipos. Os nosos levan o dominio e as ocasións acadando o primeiro gol Rafa dun gran disparo cando traspasabamos o ecuador da primeira parte, para minutos despois conseguir David Macía o segundo co que nos iamos ó descanso.
A segunda parte segue amosándonos a mesma tónica de xogo e dominio para o Callobre, dominio que nos trae outros tres goles máis por medio de Pedro, José e David Macía, chegando ó final do partido co resultado coñecido de 0 a 5 para os nosos.