28 feb 2011

Senior

Derbi xogado en San Martiño entre Callobre e Tabeirós. Adiantouse no marcador o equipo visitante cun gol conseguido en xogada persoal de Toni. O Callobre non lle perdeu a cara ó partido e buscou o empate, que acabou conseguindo logo de materializar Quique un penaltie cometido sobre Esteban.

Chegamos ó descanso con ese resultado. No segundo tempo o Tabeirós saeu en tromba para sentenciar o partido, pero a defensa, Manu e os paos da porteria impediron que marcaran. O Callobre foi botándose arriba tamén para buscar o gol, pero a dureza empleada en ocasións polos visitantes, especialmente con Esteban, desbarataba ese obxetivo.

A medida que pasaban os minutos, o Tabeirós ía perdendo folgos, e no minuto 80 quedaba con 10 logo da expulsión dun xogador, froito da dureza no xogo xa comentada.

Pese a algunhas xogadas de perigo en ambas áreas, o marcador non se moveu e chegamos ó pitido final co resultado de empate a 1 gol.