21 feb 2011

Senior

Partido xogado en Silleda polo mal estado do campo do Bandeira.

No primeiro tempo, sen un dominador claro do xogo, con constantes alternativas para ambos bandos, o Bandeira consigueu rentabilizar mellor as suas ocasións, materializando en goles dous erros defensivos nosos, mentras o Callobre dispoñia de mais ocasións pero sen lograr o premio do gol, chegando incluso a marrar un penaltie e o posterior rexeite...

Nada máis empezar o segundo tempo, eles conseguian anotar outro gol, poñendo o marcador en 3-0.

O Callobre entón botouse arriba, arriscando máis en defensa pero creando ocasións, o que fixo que Toño anotara o 3-1 rematando un rexeite do porteiro local.
Co dominio do xogo seguían chegando ocasións, algunhas moi claras que non foron capaces de facer chegar o balón ó fondo da rede por moi pouco.
Xa no tempo de desconto, chegaba o 3-2 definitivo por obra de Barreiro.

Faltou esa pincelada de sorte que a veces fai falla, pero esforzo e sacrificio non se escatimaron polos nosos xogadores.