22 feb 2011

Infantil

O Domingo disputaron os nosos infantiles un partido moi completo ante o Ames, equipo moi rocoso e ben conxuntado que se atopa situado no noveno posto da clasificación, pero moi enganoso, pois é un equipo moi competitivo con bos xogadores. Saímos ó partido moi concentrados, xogo alterno de lado a lado, pero seríamos nós quén de adiantamos no marcador por medio de David Macía que dun gran disparo por alto batía ó meta contrario.

Minutos despois consiguen eles o empate no marcador con un disparo cruzado, para a continuación conseguir José un gran gol despois de percorrer máis de medio campo e regateando a todos e cada un dos rivais que ó paso lle foron saíndo.

Na segunda parte segue a mesma tónica de xogo, eles indo cada vez máis arriba e os nosos defendéndose das embestidas. Minutos inacabables e de infarto os últimos vividos ate que o árbitro pitou o final do mesmo, momento no que todos deixamos de conter a respiración.